viernes, 17 de febrero de 2012

El día 15 de febrero de 2012 se aprobó la constitución de la Plataforma do Empregado Público da Administración Galega PEPAGALEGA en asamblea celebrada en el salón de actos de la Escuela Universitaria de Ingeniería Técnica Forestal de la Universidad de Vigo en el campus universitario de la Xunqueira en Pontevdra.

Plataforma do Empregado Público da Administración Galega PEPAGALEGA

                                                     MANIFESTO DE CONSTITUCIÓN

Somos empregados públicos da administración galega reunidos de forma voluntaria e libre para conseguir unha administración galega profesional, transparente, eficaz, independente e ao servizo dos cidadáns.

Non representamos, nin estamos representados, por ningún partido político, sindicato ou asociación; móvenos un espíritu de cambio e mellora da administración pública galega.

Estamos aquí pola nosa dignidade de empregados públicos e por solidaridade cos que non poden estar.

Estamos aquí porque queremos unha administración galega nova, que dé prioridade ao cidadán por riba dos intereses económicos e políticos. Buscamos o despertar da conciencia social e a súa aplicación coherente na maneira de vivir de todos os cidadáns galegos, todo iso avalado por unha administración profesional, transparente e eficaz.

Os empregados públicos galegos esiximos o que nos corresponde como traballadores da administración, sempre mediante unha vía legal e pacífica.

A Plataforma dos Empregados Públicos da Administración Galega defende os principios de boa administración, servizo público, imparcialidade e transparencia que desenvolven todos os empregados públicos de Galicia. A problemática xorde porque son vulnerados e lesionados os dereitos dos actuais e futuros empregados públicos, prexúdicase ao sector público, dánase a imaxe dos empregados públicos galegos e sobre todo, e o máis importante dánase considerablemente o servizo público que se presta á cidadanía. Non se trata únicamente dunha reivindicación económica

Non defendemos privilexios. O dereito ao traballo estable do persoal da administración pública galega non é un privilexio senón o resultado da aplicación dos principios de igualdade, mérito e capacidade para o acceso á función pública; é unha garantía xurídica dos cidadáns respecto a unha Administración Pública que actúe con imparcialidade ao servizo da cidadanía, cumprindo a legalidade sen sometemento a intereses partidistas dos gobernos correspondentes.

Na Administración Pública descansan as bases do estado do benestar, da igualdade, da educación, da sanidade, da xustiza… que constitúen o piar do sistema democrático tal e como garante a Constitución.

EXPRESARNOS É O NOSO DEREITO, MELLORAR A ADMINISTRACIÓN GALEGA É O NOSO DEBER

Aprobado por consenso en Asemblea celebrada o día 15 de febreiro de 2012 na Escola Universitaria de Ingeniería Técnica Forestal da Universidade de Vigo no campus universitario da Xunqueira, Pontevedra

No hay comentarios:

Publicar un comentario